Rolda de prensa da candidatura da Alternativa pola Unidade á XIII Asemblea Nacional do BNG

A CIG denuncia que CCOO e UGT ceden ás demandas da patronal traizoando á clase traballadora
A CIG manifesta a súa máis enérxica e rotunda oposición á cesión de CCOO e UGT ante as demandas da patronal, asinando un acordo polo que os incrementos salariais deixarán de calcularse en función do IPC como até o de agora.
O secretario confederal de Negociación Colectiva, Antolín Alcántara considera que estamos “ante o maior ataque na historia aos salarios da clase traballadora”.

A CIG denuncia que CCOO e UGT ceden ás demandas da patronal traizoando á clase traballadora

A CIG manifesta a súa máis enérxica e rotunda oposición á cesión de CCOO e UGT ante as demandas da patronal, asinando un acordo polo que os incrementos salariais deixarán de calcularse en función do IPC como até o de agora.

O secretario confederal de Negociación Colectiva, Antolín Alcántara considera que estamos “ante o maior ataque na historia aos salarios da clase traballadora”.

Na Mesa Sectorial, a CIG-Ensino esixirá a convocatoria da oferta de emprego público, unha convocatoria absolutamente necesaria para manter a atención educativa nos centros e para crear emprego. A conxelación da oferta significaría que non se cubrirían as xubilacións que se están a producir neste curso, por non falar das que xa se produciron o ano pasado e que non foron cubertas, o que se traduciu nun déficit de máis de mil docentes no mesmo inicio do curso. Por outro lado, en Galiza sería o terceiro ano consecutivo sen oferta en Secundaria, pois a realizada en anos anteriores foi meramente testemuñal.

A CIG-Ensino esixirá que o goberno galego actúe como tal e faga uso das competencias plenas en Educación realizando oferta de emprego público en Galiza, porque do contrario estaríamos ante un novo recorte, outro máis dos que constantemente vén impoñendo o PP ao ensino público.

Segundo a información que transcendeu da reunión do Ministro de Cultura e Educación coas comunidades, Galiza sería unha das comunidades que previsibelmente aceptará a imposición centralista de non realizar convocatoria de emprego público. Deste xeito o goberno galego estaría renunciando ás súas competencias e asumindo unha recentralización das competencias educativas, xa que a oferta de emprego é unha competencia da administración educativa galega que ten que considerar as necesidades e as carencias do sistema educativo galego, que son diferentes ás que poidan ter outros territorios do estado español. Débese considerar que esta decisión, nin sequera, respecta a posibilidade de convocar o 10 % da taxa de reposición que recolle o Decreto-Lei 20/2011 de medidas urxentes de materia orzamentaria.

Para a CIG Ensino é totalmente inaceptábel e inxustificábel a pretensión da Consellaría de Educación de non convocar Oferta de Emprego Público para este ano Van xa tres anos consecutivos nos que non hai oferta de secundaria e na maioría da formación profesional Esta medida supón que para o curso que vén os centros terán menos profesorado, xa que nin sequera se van cubrir, mediante oferta de emprego, as vacantes que se produzan como consecuencia das xubilacións.

Trátase, polo tanto, dun recorte máis dos que constantemente vén sometendo o Goberno do Partido Popular ao ensino público. Neste curso, os centros educativos teñen 1.000 profesores/as menos, feito que se verá agravado ao non cubrir, nin sequera, as vacantes que se produzan pola xubilación.

O secretario nacional, Anxo Louzao, manifestou que estamos ante unha decisión que amosa a total supeditación do conselleiro de educación aos mandatos do Partido Popular de Madrid, asumindo unha recentralización das competencias educativas, xa que a oferta de emprego é unha competencia da administración educativa galega que ten que considerar as necesidades e as carencias do sistema educativo galego, que son diferentes ás que poidan ter outros territorios do estado español.

Esta decisión, nin sequera, respecta a posibilidade de convocar o 10 % da taxa de reposición que recolle o Decreto Lei 20/2011 de medidas urxentes de materia orzamentaria. A CIG-Ensino esixe a convocatoria da Mesa sectorial para negociar a oferta de emprego deste ano no ensino.

Do contrario, non desbota levar a cabo mobilizacións.

Manifesto de presentación da candidatura da Alternativa pola Unidade

Tamén podes descargar o manifesto en formato PDF desde a seguinte ligazón