Son Diego Boquete Sánchez, na maioría da rede son Onosolar, podes atoparme en:
- Twitter: @onosolar
- Redeiras: Ligazón
- Facebook: Ligazón
- Cabozo: Ligazón
- Belvís: Ligazón
- Flickr: Ligazón
- YouTube: Ligazón
- Vimeo: Ligazón
- G+: Ligazón
- Memolane: Ligazón
Son un mestre galego, coa oposición de educación física, pero un tolo das novas tecnoloxías, ultimamente namorado de Apple.
Neste momento desempeño o meu bo ou mal facer na @CIGEnsino - PáxinaWeb, como liberado e membro da executiva nacional.
Á vez son responsábel local do @BNGdeOroso - PáxinaWeb, e milito na UPG que como sabedes forma parte do Bloque Nacionalista Galego, no cal, claro está, tamén milito.
Ultimamente estou recuperando un deporte que tiña esquecido a bicicleta, concretamente fago BTT cunha panda de chalados, podedes ver o que fago no meu perfil da seguinte páxina 1-2-sports (tedes que estar rexistrados), aínda que se seguides o meu twitter ou facebook, tamén teredes cumprida conta…
Todo o tempo que lle dedico ao anterior roubollo a Celia, Alexandre e Adrián.





