Magosto do BNG de Oroso.
Este venres, 16 de novembro, a partires das 18 horas na Alameda de Gois.
Acode, pasarémolo ben todas e todos xuntos.
O acceso a Onosolar.net ao través dos nosos dominios estará pechada desde o martes ás 17 horas até o mércores ás 17 horas en apoio á folga xeral, poderedes seguir toda a información da #FolgaXeral tanto no meu twitter (@onosolar) como na páxina que ten a @GalizaCig para o mesmo (www.folgaxeral.info).
Asemade no twitter da @CIGEnsino tentaremos chiar o máis importante desta xornada de folga.
Aplicacións Imprescindíbeis para o iPod, iPhone e iPad
Un moi bo amigo e compañeiro escribíame fai un tempo pedíndome que aplicacións instalaría non seu novo iPad, como esta pregunta xa a tiven que contestar noutra ocasión ocorréuseme facelo por escrito. Hoxe volvo actualizar esta nova despois que outra amiga comprase o novo iPad (que envexa, que non envidia) e me pedise o mesmo.

Agruparei as aplicacións en gratuítas e de pago.
Aplicacións Gratuítas.
- Dicionario, conxugador e tradutor de Galego. INDISPENSÁBEIS!!
- Dropbox. Disco duro virtual. Cada vez máis imprescindíbel como almacén, para o día a día iCloud o mellora.
- SkyDrive. Disco duro virtual de microsoft
- Flickr. Almacenaxe e compartición de fotografías.
- Vimeo.
- Instagram. “Editor” social de fotografías. Segue sen versión para iPad, aínda que nestes días está lanzando a versión web.
- iBooks combinado con Kindle son unha gozada que converten o noso iPad nun ebook, iso si, un pouco pesado na cama.
- Twitter. Ver nas aplicacións de pago o Tweetbot, para min mellor opción, entre outras cousas pola sincronización entre iPhone/iPad/mac.
- Facebook.
- imo instant messenger for iPad. “Messenger” multiconta (gtalk, live, microsoft, facebook, apple…)
- Flipboard. Lector de RSS, twitter, facebook… A min non me acabou de convencer esta forma de ler as redes sociais, pero vai moi, moi ben.
- Imos. A guía social galega.
Aplicacións de Pago.
- Tweetbot Aínda que é de pago para mín moito mellor que a aplicación oficial para o Twitter, o único pero é que a temos que pagar tres veces, para iPhone, para iPad e para Mac, e aínda así vale a pena entre outras cousas pola sincronización entre iPhone/iPad/mac.
- ContactsXL indispensábel para enviar correos ou SMSs a grupos.
- Pages. Procesador de texto de apple que combinado con iCloud é unha gozada.
- Numbers. Folla de Cálculo de apple que combinado con iCloud é unha gozada.
- Keynote. Presentacións ou diapositivas de apple.
- iMovie. Editor de vídeo de apple.
- iPhoto. Editor e organizador de fotografías de apple.
- Snapseed. Editor de fotografías. Deixeino de usar, o que no quere dicir que non fose moi, moi bo… cóntanme que segue a mellorar.
- djay. Convertiredes o voso Mac, iPad, iPhone ou Ipad nun Sistema DJ con dous platos de música. Ideal para festas. Recomendado por @susobermello e creo que foi unha das primeiras aplicacións coas que xoguei nun iPad I da man de @franalvarezzz
Evidentemente a esta lista hai que sumar todas as das funcións de Google que usedes.
Seguro que se me esquecen un montón, así que espero a vosa axuda para ir mellorando a lista.
O #14N todas e todos temos que facer #FolgaXeral