Comparte en Cabozo.com

Lectura indispensábel á hora de falar de economía.

O poderedes atopar sempre na sección de Ligazóns

Para os que non o coñezades, este é Xavier Vence Deza

Xavier Vence Deza é catedrático de Economía Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela.
É o coordinador do Grupo de investigación ICEDE (Innovación, Cambio Estrutural e Desenvolvemento)  na USC. 
Coordina o Máster Universitario en Desenvolvemento Económico e Innovación
Os seus temas de investigación céntranse na Economía da innovación, Políticas de innovación, Sistemas rexionais de innovación, Crecemento, Desenvolvemento económico, Desigualdade, Globalización e Neoliberalismo.
Ao longo da súa traxectoria profesional participou como investigador principal en varios proxectos de investigación europeos, estatais e galegos. 
Coordina a Rede REPENSeI (Regulación, Estratexias e Políticas para a Emerxencia de Novos Setores Innovadores).
É membro do Consello de Redacción da revista A Trabe de Ouro. Membro do Consello científico da Revista Galega de Economía e da Revista Principios.
Colaborador habitual da revista Tempos Novos e noutros medios. Participa todos os martes no “faladoiro” do programa Galicia por diante da Radio Galega. Colaborou semanalmente no Xornal de Galicia desde o seu lanzamento até a súa desaparición.
  1. onosolar publicou isto
Comentários do blogue desenvolvidos por Disqus