Aplicacións Imprescindíbeis para o iPod, iPhone e iPad

Un moi bo amigo e compañeiro escribíame fai un tempo pedíndome que aplicacións instalaría non seu novo iPad, como esta pregunta xa a tiven que contestar noutra ocasión ocorréuseme facelo por escrito. Hoxe volvo actualizar esta nova despois que outra amiga comprase o novo iPad (que envexa, que non envidia) e me pedise o mesmo.

iPad 3

Agruparei as aplicacións en gratuítas e de pago.

Aplicacións Gratuítas.

  • Dicionario, conxugador e tradutor de Galego. INDISPENSÁBEIS!!
  • Dropbox. Disco duro virtual. Cada vez máis imprescindíbel como almacén, para o día a día iCloud o mellora.
  • SkyDrive. Disco duro virtual de microsoft
  • Flickr. Almacenaxe e compartición de fotografías.
  • Vimeo
  • Instagram. “Editor” social de fotografías. Segue sen versión para iPad, aínda que nestes días está lanzando a versión web.
  • iBooks combinado con Kindle son unha gozada que converten o noso iPad nun ebook, iso si, un pouco pesado na cama.
  • Twitter. Ver nas aplicacións de pago o Tweetbot, para min mellor opción, entre outras cousas pola sincronización entre iPhone/iPad/mac.
  • Facebook.
  • imo instant messenger for iPad. "Messenger" multiconta (gtalk, live, microsoft, facebook, apple…)
  • Flipboard. Lector de RSS, twitter, facebook… A min non me acabou de convencer esta forma de ler as redes sociais, pero vai moi, moi ben.
  • Imos. A guía social galega.

Aplicacións de Pago.

  • Tweetbot Aínda que é de pago para mín moito mellor que a aplicación oficial para o Twitter, o único pero é que a temos que pagar tres veces, para iPhone, para iPad e para Mac, e aínda así vale a pena entre outras cousas pola sincronización entre iPhone/iPad/mac.
  • ContactsXL indispensábel para enviar correos ou SMSs a grupos.
  • Pages. Procesador de texto de apple que combinado con iCloud é unha gozada.
  • Numbers. Folla de Cálculo de apple que combinado con iCloud é unha gozada.
  • Keynote. Presentacións ou diapositivas de apple.
  • iMovie. Editor de vídeo de apple.
  • iPhoto. Editor e organizador de fotografías de apple.
  • Snapseed. Editor de fotografías. Deixeino de usar, o que no quere dicir que non fose moi, moi bo… cóntanme que segue a mellorar.
  • djay. Convertiredes o voso Mac, iPad, iPhone ou Ipad nun Sistema DJ con dous platos de música. Ideal para festas. Recomendado por @susobermello e creo que foi unha das primeiras aplicacións coas que xoguei nun iPad I da man de @franalvarezzz

Evidentemente a esta lista hai que sumar todas as das funcións de Google que usedes.

Seguro que se me esquecen un montón, así que espero a vosa axuda para ir mellorando a lista.

blog comments powered by Disqus