Comparte en Cabozo.com
Comparte en Cabozo.com
Comparte en Cabozo.com

8 de marzo. Día da muller.

A data do 8 de marzo foi instituída para reivindicar os dereitos das mulleres Desde o punto de vista educativo, o 8 de marzo debe ser tamén unha data para reflexionarmos sobre a coeducación, sobre as estratexias para coeducar nas aulas, sobre os avances ou non na visibilización das mulleres, das nenas, na sociedade actual e o papel do ensino nese proceso.

Na CIG-Ensino vimos elaborando diferentes materiais para traballar a coeducación. Este ano editamos e poñemos á vosa disposición unha entrevista á profesora e escritora Teresa Moure. Esta entrevista, que poderá ser usada como material na aula ou como ferramenta para propiciar o debate no centro educativo, quere reflexionar e botar luz sobre a importancia da utilización dunha linguaxe non sexista, a constatación da existencia dun teito de cristal, a reprodución no ámbito escolar dos estereotipos patriarcais ou como a coeducación é unha ferramenta fundamental para o conxunto da sociedade.

Podedes consultar tamén o enlace da CIG-Ensino no que atoparedes todos os materiais publicados até agora relacionados coa coeducación: Ligazón

Achegámosvos ademais toda a información relativa á campaña da CIG para este 8 de marzo, “As mulleres coa folga xeral. Xuntas podemos!”Ligazón

Comparte en Cabozo.com

Desde a CIG, baixo ningún concepto imos aceptar que se nos impida a realización do noso traballo sindical na defensa das traballadoras e os traballadores

Comparte en Cabozo.com

Continúan as mobilizacións das traballadoras/es do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
En contra da privatización, en defensa do posto de traballo e pola aplicación do V Convenio do persoal laboral da Xunta de Galiza.
Estas mobilizacións enmárcanse na loita que máis de 1500 traballadoras/as están levando a cabo para que se lles aplique o V Convenio do persoal laboral da Xunta de Galiza, en contra da privatización e en defensa do posto de traballo.
Malia que o propio Consorcio depende da Consellaría de Traballo e Benestar, non teñen convenio colectivo e están moi lonxe de ter as mesmas condicións de traballo e salario que ten o persoal laboral da Xunta de Galiza da mesma categoría e profesión. O persoal do Consorcio percibe uns salarios reducidos nun terzo, aproximadamente, respecto á dos seus homólogos da Xunta.
A consellaría de Traballo e Benestar vén de iniciar o camiño da privatización dos servizos que presta o Consorcio. Así, a día de hoxe, xa hai cinco “Galiñas azuis” privatizadas e igual sorte correrán as próximas 12 “Galiñas azuis” que se van abrir para o vindeiro curso. Mais, a súa ambición privatizadora pretende continuar, despois, coas escolas infantís que hoxe están funcionando como públicas.
Diante desta situación de total abandono e desconsideración, por parte do xerente do Consorcio e da propia consellaría de Traballo e Benestar, referente á estabilidade do colectivo, ás condicións de traballo e a aposta polo desmantelamento do carácter público do Consorcio, exiximos que se inicie un proceso negociador para aplicar a todo o persoal do Consorcio o V Convenio único do persoal laboral da Xunta de Galiza, para que todos os centros dependentes do Consorcio sexan de xestión pública e que se garanta a estabilidade dos traballadoras/es.