Sermos Galiza

Unha das denuncias que máis se repiten tras o 21-O é a da invisibilización, cando non manipulación, dos grandes media e a necesidade de nos dotar de medios de noso onde o pobo (e os movementos sociais nos que se organiza) teña voz propia, onde a nación exista. No que a actualidade fale na nosa lingua.

Esa arela xa non é unha utopía, nin un desideratum lanzado ao ar.

Todas e todos tedes/temos na nosa man (seguir a) facela realidade.

Unha maneira é ler, mercar e difundir Sermos Galiza

A información precisa, aquí e agora. Ao servizo dun pobo e dun país.